miércoles, 23 de mayo de 2012

MATERIAIS DO GRUPO DE TRABALLO DE LIBROS DIXITAIS

O noso centro é centro piloto de libros dixitais, polo que no presente curso se organizou un grupo de traballo con esta temática, para dar a coñecer ao profesorado que estivera interesado, as posibilidades e o modo de uso dos mesmos.
A continuación, recollemos os materiais que elaboramos.
CaracterísticasLibrosDixitaisGuiaProfesoradoNovoVantaxes e desvantaxes

martes, 22 de mayo de 2012

Tarefa para mellorar as Competencias Básicas. Reciclado de aceite. Axenda 21

A continuación, podedes ver unha tarefa elaborada co fin de mellorar as Competencias Básicas no alumnado do 3º Ciclo. Xira en torno ao reciclado de aceite doméstico, aproveitando que o noso centro está imnerso na Axenda 21. Para elaborala, utilizamos o paquete ofimático Open Office, visto no PFAC.
P. ABALAR

PORTADA E CONTRAPORTADA REVISTA ESCOLAR

A continuación, podedes ver a portada e contraportada que elaboramos para a revista escolar do noso centro. Para elaborala, utilizamos algún dos programas que vimos no PFAC Abalar, tales como o Gimp e o Open Office.


CPI Guntin_portada Revista[1]

TRAZADO DUN PENTÁGONO REGULAR DADO O LADO

A continuación adxuntamos unha presentación na que se pode ver, paso a paso, o proceso de trazado dun pentágono regular do que coñecemos o seu lado. Para realizala, utilizamos o paquete ofimático Open Office, visto no PFAC. Presentación PENTÁGONO DADO EL LADO

lunes, 14 de mayo de 2012

Un paseo ata Ferreira

O día 28 de febreiro, o alumnado do primeiro ciclo de primaria visitamos Ferreira de Pallares. Fixemos o percorrido por un camiño fermoso, pouco transitado e con algo de lama que esquivamos como puidemos e que nos deixou o calzado embarrado.

En Ferreira gozamos da beleza da aldea e da grandeza do seu magnífico mosteiro, A súa torre elegante, o retablo maior de estilo barroco, a capela dos Taboada, as portas: principal, norte e sur, o claustro no que se atopan dous sartegos medievais, ... constitúen un patrimonio que todos debemos valorar e coidar.

Antes de volver ao colexio, probamos a auga das dúas fontes, que sae fresquiña no verán e que se nota máis quente no inverno.
Unha magnífica mañá sen lugar a dúbidas, o bo, as veces, atópase preto de nós.

A continuación, podedes ver algunha das fotografías que se fixeron durante o percorrido:





miércoles, 9 de mayo de 2012

PRIMEIRA ENTRADA

Esta é a primeira entrada deste Blog. O obxectivo principal do mesmo é o de servir se soporte para os traballos que se veñen realizando no centro en torno ao Proxecto Abalar.